![]()
SANXENXO > Esta tarde rescatouse en Sanxenxo a un home, que pareceu afogado no mar logo de caer por un precipicio de 20 metros de altura, …
…na zona de Punta Cabicastro, en Portonovo. O servicio de emerxencia do 112, recibía ás 18.13 da tarde unha chamada dunha muller moi nerviosa, que en lingua estranxeira alertaba de que unha persoa caera a auga.
Rapidamente desprazáronse ata a zona efectivos de protección civil e da policía local de Sanxenxo, os Bombeiros do Salnés, a Garda Civil, o 061, e efectivos do servicio de rescate marítimo da Xunta como a embarcación Salvamar Sargadelos e o Helicóptero Pesca 1.
Ó chegar ó lugar comprobaron como había un corpo aboiando nunha zona de difícil acceso. Unha vez recuperado o corpo, intentaron reanimalo durante preto de media hora sen éxito.
O corpo sen vida foi trasladado en zodiac ata o peirao de Portonovo, onde se procederá a súa identificación, posto que esta persoa non levaba consigo ningún tipo de documentación.
Redacción Salnés










