O percebe volve reinar en Aguiño

RIBEIRA> Miles de persoas achegáronse onte domingo ata a Aguiño para asistir a celebración da 23 edición da Festa do Percebe.

Despois de dous anos sen organizala debido á irrupción da pandemia, había ganas de festa e tamén de percebe.

Dende ben cedo os cociñeiros traballaron a reo para que todo estivese a punto unha vez comezasen a chegar os primeiros comensais.

En total  serviuse unha tonelada de percebe, recollido durante a semana previa polos propios mariscadores do pósito e que finalmente non chegou a nada.

Os asistentes, ademais da boa gastronomía, disfrutaron dunha xornada festiva amenizada por grupos de gaitas na que non faltou a representación institucional, coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen non quixo perder a ocasión de apoiar coa súa presenza este tipo de exaltacións que, segundo dixo, sempre favorecen ó sector.

Ademais este ano cunha importante novidade xa que a festa obtivo a declaración por parte da Xunta de Festa de Interese Turístico Galego.

Aproveitouse tamén o acto para nomear o pintor local Manuel Ayaso e á integrante das Tanxugueiras Aida Tarrío, coma Percebeiros de Honra. Os dous son xa embaixadores de Aguiño a nivel internacional, agradecendo o recoñecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí