Do día 1 ó 3 de maio celebrarase a XIV Festa da Raia de Portonovo

    raia_100.jpgSANXENXO > Hoxe presentou a décimo cuarta Festa da Raia de Portonovo que se vai a celebrar nesta localidade os vindeiros días 1, 2 e 3 de maio.

    Nesta celebración gastronómica os visitantes poderán degustar este exquisito manxar preparado de distintos xeitos; desde a tradicional caldeirada ata outras formas innovadoras; como en ensalada ou tortilla. Este peixe poderá degustarse en caldeirada a un prezo de 8.50 euros a ración nos distintos restaurantes participantes; e a módicos prezos nas outras preparacións.

    Nesta edición, as degustacións volverán á carpa, un recinto no que ademais haberá outras alternativas culturais como unha exposición sobre artes de pesca tradicionais, o xa tradicional entre raias anda o xogo. Haberá tamén unha dorna tradicional e un veleiro clásico amarrado no peirao, que conterá no seu interior cunha recompilación de fotografías antigas de Portonovo.

    O pistoletazo de saída a estes tres días marcarao a 8 edición do concurso de cociña, na categorías amateur e profesional, que terá lugar o próximo día 26 ás 6 da tarde no Bodegón o Saldadoiro. A entrega de premios deste concurso terá lugar o día grande das festas, o primeiro de maio. Será este día cando se entregarán tamén as honoríficas raias de ouro; e cando se poder presenciar un espectáculo de baile tradicional galego. O día seguinte, o venres día 2, os protagonistas serán os maiores, que de novo este ano poderán participar no concurso de Miss e Mister Festa da Raia. Pola noite, actuará a orquestra Pontevedra.

    O último día de festexos,o sábado día 3, teremos un certame de habaneras, unha palillada a nivel provincial, bailes de salón, danza moderna e aerobic e numerosos xogos e espectáculos para os mais cativos da casa.

    Redacción Salnés