![]()
VILAGARCÍA > O Concello decidiu reactivar o proxecto Luz Salgada, que suporá o investimento de 4,6 millóns de euros na cidade.
O goberno local presentou xa ós grupos da corporación a proposta para distribuír o gasto e as obras a realizar entre a Porta da Luz Salgada e a desembocadura do río do Con. O asunto irá a pleno este xoves. As obras divídense en catro tramos, cun presuposto total de 4,6 millóns de euros. Desde a rotonda de Luz Salgada á da Laxe, ampliaranse as beirarrúas da avenida, reubicaranse os aparcamentos, colocarase novo mobiliario urbano e iluminación e pasos de peóns elevados, todo por 650.000 euros.
No segundo tramo, entre a rotonda da Laxe e a rúa Doutor Tourón, investirase algo máis dun millóns de euros en novas beirarrúas, alumeado e varandas do paseo do Con, e nunha nova ponte de madeira. Ademais de na mellora das rotondas e do parque Celso Emilio Ferreiro. As obras do tramo entre Doutor Tourón e Vista Alegre custarán 674 mil euros, para novas beirarrúas, acondicionamiento das pontes sobre o río e melloras na rúa Castelao.
O maior importe de Luz Salgada é para o cuarto e último tramo, que une Vista Alegre coa avenida Valle-Inclán. Destinaranse 1,9 millóns na nova pavimentación de beirarrúas na zona contigua á muralla do pazo de Vista Alegre, no reacondicionamento da ponte peonil, na renovación do mobiliario urbano, alumeado e xardinería e na rexeneración do entorno da Praza de Abastos.
Redacción Salnés








