Cultura Noia estrea a plataforma ‘Habelos Hainos’

NOIA> Trátase dunha ferramenta dixital que pretende aglutinar toda a oferta cultural da vila. A proposta busca darlle visibilidade ós artistas locais e, a través dela, incentivar tamén a súa posible contratación.

A concellería de Cultura noiesa vén de dar un pasiño máis de cara a promoción dos artistas locais. E faino a través da creación dunha plataforma dixital: ‘Habelos Hainos’. Nela o artista ou grupo en cuestión, pertencente a distintos ámbitos como pode ser a música, o teatro ou a fotografía, pode explicar o que fai, servindo tamén de escaparate para a súa futura contratación.

A proposta xorde do ámbito local, aínda que a idea é que poida estenderse tamén a outros concellos veciños.

Aqueles artistas interesados en formar parte deste novo portal xa o poden facer a través da propia páxina habeloshainos.com, enviando a solicitude correspondente. Din que a unión fai a forza…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí