BOIRO > A delegada de Traballo, María Debén, presidiu o acto de avaliación do Programa de Cooperación 2007 da mancomunidade Arousa Norte.
{flowplayer}barbanza/debenarousanorte.flv{/flowplayer}
Grazas ó Programa de Cooperación 2007 posto en marcha pola Consellería de Traballo, a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte puido contratar durante un período de nove meses a seis persoas que estiveron desenvolvendo distintas funcións dentro da entidade.
Así, cunha subvención de 59 mil euros, contratouse a unha politóloga, unha técnica en turismo, unha relacións públicas e dúas animadoras turísticas, así como tamén un deseñador gráfico. Para a maioría deles este era o seu primeiro traballo.
E resulta que o programa, anteriormente denominado Labora, busca precisamente iso: fomenta-la contratación daqueles colectivos con maiores dificultades para acceder ó mundo laboral, fundamentalmente mozos e parados de longa duración.
Proxectos
O acto celebrado en Boiro consistiu na exposición por parte de cada un do traballo realizado neste tempo. Grazas a eles a mancomunidade puido desenvolver diferentes proxectos como é o caso da planificación de rutas turísticas, entre elas a do mexillón, as xornadas de integración multicultural ou a xestión de subvencións.
A experiencia para eles resultou do máis gratificante, cumpríndose os obxectivos plantexados dende un primeiro momento. A delegada de Traballo, María Debén, anunciou que Arousa Norte volverá beneficiarse deste programa de inserción laboral durante o presente ano 2008 que posibilitará a contratación de novo persoal para a mancomunidade.
Redacción Barbanza