Abre as súas portas a I Feira Náutica do Freixo

OUTES> A histórica relación de Outes co mar foi o xerme da feira náutica que este mediodía se estreaba na ribeira do Freixo. Alí instalaron os seus expositores numerosas empresas vinculadas co mundo da náutica que ofrecerán ós visitantes as últimas novidades no sector.

A feira, organizada polo concello ó abeiro do GALP Sea de Fisterra Muros Noia conta co apoio económico da Xunta a Través do Fondo europeo Marítimo e da Pesca e de Portos de Galicia que cedeu o espazo para a súa instalación.

Durante toda a fin de semana desenvolveranse ademais actividades complementarias como obradoiros de carpintería de Ribeira, saídas por mar e terra, mostra de embarcacións tradicionais, degustacións gastronómicas ou demostracións de actividades profesionais da mar como pesca ou marisqueo. Haberá tamén espazo para a música con diversas actuacións musicais como o concerto de De Vacas o sábado pola noite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí