RIBEIRA> A achega provincial ascende a uns 77 mil euros, que serán destinados principalmente á reforma integral do antigo matadoiro municipal, que se convertirá na sede da futura instalación. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, destacou a importancia do acordo que, unha vez aprobado no último pleno provincial, o concello asinará coa Deputación da Coruña, e que permitirá a mellora integral do edificio do antigo matadoiro, situado na zona da Fieiteira, para destinar estas instalacións ó futuro viveiro de empresas. A achega provincial ascende a uns 77 mil euros. Dende o goberno local valoraron moi positivamente a creación deste viveiro de empresas, que nace dun convenio a tres no que colaboran, ademais do concello, a Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación Incyde. O principal obxectivo desta iniciativa non é outro que dotar ós emprendedores e autónomos dun espazo para as súas empresas nos seus primeiros pasos. Durante este tempo facilitaránselle servizos adaptados ás súas necesidades coa finalidade de que xerminen negocios de interese para o concello e para a comarca. A intención do concello é que poida entrar xa en funcionamento durante o próximo verán.
Inicio Barbanza - Muros - Noia