Cidadáns de Boiro oponse ó financiamento privado da futura residencia

BOIRO> A agrupación municipal de Cidadáns de Boiro oponse ó proxecto de construción dunha residencia con fondos privados. Consideran que sería inxusto regalar máis de vinte mil metros cadrados de chan dotacional para que unha empresa se beneficie. Ó igual que xa manifestaron outros grupos da oposición, Cidadáns considera prioritaria unha residencia para Boiro, pero sempre que se faga con cargo a fondos públicos. Rexeitan o proxecto plantexado polo executivo posto que ó seu entender suporía regalar unha parcela de vinte e dous mil metros cadrados a inversores privados. Conclúen dende Cidadáns explicando que unha residencia para a terceira idade debe ser un servizo e non un negocio.