O Vilalonga empata na casa e sae dos postos de descenso

fotoresumoxornadacopia.jpgSALNÉS> O Narón tivo mellores ocasións na primeira metade pero na segunda dominaron os locais e o resultado reflectiu o igualado da situación.

{flowplayer}images/salnes/ResumoXornada.flv{/flowplayer}O Vilalonga que sumou un empate en San Pedro ante un rival directo pola permanencia como o Narón. Un punto que lles serve para saír momentáneamente dos postos de descenso.

O Portonovo continúa a demostrar que se lle dá mellor xogar lonxe de Baltar. Terceira victoria da temporada para os de Jacobo Molina e a terceira fóra da casa, desta volta tras impoñerseó sábado na Baiuca por un claro 1 a 3 ó Estradense.

O que si acadou a vitoria foi o Céltiga, vitoria na casa contra o principal candidato ó ascenso, o Lalín. Foi un partido moi intenso no que houbo un único gol e un penalti fallado. Suficiente iso sí para conseguir os 3 puntos e reforzar as súas opcións.

Empate sen goles no campo de Barreiro entre o Gran Peña e o Cambados, un equipo que onte fixo méritos para vencer e que tivo mellores ocasións de gol pero ó final non foron quen de marcar. Quinto empate para o Cambados, o cuarto consecutivo.

A Peroxa chegaba ó Revel despois de dez xornadas sen puntuar, e fóronse do mesmo xeito e ademais tras recibir seis goles. Pouco tardaron os de Calucho en sentenciar o encontro, de feito ós 12 minutos xa vencían por 2-0. Se ben o resultado puido ser aínda máis amplio.

Pola súa banda o Arousa, despois das boas sensacións no último partido na Peroxa volveu onte a que está a ser a súa rutina esta tempada. Perdeu contra o Porriño, un rival directo, por dous goles a 0. Aínda que creou máis perigo que en ocasións anteriores non foi abondo e as imprecisións volvéronlles a pasar factura.

O Ribadumia que sumou esta semana a súa segunda derrota consecutiva. Caeron ante o Choco por 2-0, nun partido no que fixeron méritos para levarse canda menos un empate pero no que terminaron perdendo debido ós erros defensivos.

Redacción Salnés