![]()
VILAGARCÍA > Os alumnos dos colexios Arealonga e A Lomba non poden facer ximnasia no pavillón do recinto escolar.
{flowplayer}images/salnes/pavillon_arealonga.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > Este é o aspecto que presenta o pavillón de deportes que comparten os colexios Arealonga e A Lomba, en Vilagarcía. A dirección de ambos centros xa denunciou ante Concello e Delegación de Educación os problemas que están a ter desde que hai dous meses o pavillón ten unha das portas rota.
Os catro profesores de Educación Física néganse a dar clase nas instalacións por tempo indefinido, porque ven perigo para o milleiro de escolares matriculados en ambos colexios. Os dous centros esixen que as administracións competentes lles arranxen os danos deste pavillón, inaugurado hai tan só dous anos. De momento, desde o Concello hoxe xa enviaron a dous operarios para selar a porta que estaba deteriorada.
Redacción Salnés









