Retómase a campaña da vieira coas embarcacións de Cambados cubrindo o cupo máximo

CAMBADOS> Xa se retomou a campaña da vieira. En Cambados, case unha vintena de embarcacións están a cubrir a diario o cupo máximo permitido. Moita cantidade e, ademais, dun tamaño moi grande. Nos hoxe estivemos en Porto de Cambados, onde preparan o produto para a súa venda. Nestes momentos, logo da campaña do Nadal, a maioría conxélase, coa vista posta no incremento do consumo a partir da Semana Santa.

Preto dunha vintena de embarcacións de Cambados traballan a reo no regreso da campaña da vieira. Os mariñeiros volveron á actividade logo de 18 días de parón, traendo a terra un produto de gran tamaño e calidade.

Nesta planta de Porto de Cambados evisceran o produto que chega a terra. Ademais da súa boa calidade, salienta a cantidade. As embarcacións están a completa-lo seu cupo máximo de capturas.

Con ese obxectivo, a maioría deste produto vai ser conxelado. O obxectivo, facer acopio para satisface-la demanda futura, que se vai incrementar a partir de Semana Santa, coa vista posta no verán.

Nestes momentos a demanda cae trala intensa campaña de Nadal. En Porto de Cambados están satisfeitos coa alta demanda que tivo o seu produto nestas pasadas festas.

Agora, sen tanto agobio pola demanda, unhas 16 persoas traballan nesta planta, preparando un produto que, de como sempre, conquista polo seu sabor e calidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí