Rianxo en Común critica o proceso de municipalización do servizo de abastecemento de auga

    RIANXO> Dende a formación denuncian o retraso do equipo de goberno na posta en marcha da comisión que ía estudar este proceso, a escasos meses xa do vencemento da prórroga do contrato dada hai un ano á actual empresa concesionaria do servizo. Dende a súa chegada á corporación, Rianxo en Común vén apostando pola municipalización do servizo de abastecemento de auga no municipio, pero observan como dende o grupo de goberno se está a ralentizar o proceso, a escasos meses xa do vencemento da prórroga do contrato dada hai un ano á actual empresa concesionaria do servizo. En pleno o pasado ano acordouse a creación dunha comisión que se encargaría de elaborar un informe para o cambio de modelo, aínda que a súa aprobación de constitución non se produciu ata o pasado mes de marzo. Dende Rianxo en Común aluden á necesidade de recuperar para o público o servizo de abastecemento de auga, na súa aposta de xestión dos bens básicos baseados en criterios de ben común e tamén de sustentabilidade, pero tamén de aforro, ó considerar que sería máis beneficiario para os veciños. Pola súa banda o alcalde, Adolfo Muíños, negou que non existise interese por parte do equipo de goberno na municipalización do servizo, todo o contrario. Segundo el nestes últimos anos estiveron precisamente a darse os pasos para conseguir este cambio de modelo de xestión.