CAMBADOS> O BNG non dá por perdida a batalla do asilo de Cambados. Os nacionliastas insistirán no Parlamento Galego na necesidade de que a xunta adquira o Pazo de Montesacro para que volva prestar os seus servizos como residencia de maiores. Tamén pedirán á Xunta acollerese ao dereito de retracto que se pode aplicar en bens protexidos. Unha medida que tamén demanda o PSdeG.
Coa confirmación da compra do Pazo de Montesacro por parte dun grupo empresarial, Cambados esgota as vías para evitar que o asilo acabe convertido nun complexo turístico. O BNG mantén que a operación aínda se pode salvar, insistindo en que o o inmoble aínda pode ser destinado a residencia de maiores se a Xunta o adquirise.
Os nacionalistas seguirán presentando iniciativas no Parlamento Galego para non deixar escapar o que eles consideran ‘unha oportunidade’. Acusan ao PP de chegar a este punto porque, din, era a onde querían chegar.
A nivel local, avanzan, non van favorecer a modificación de usos do asilo que se ten que someter ao Pleno ao ser un elemento catalogado. Ao voceiro do Bloque en Cambados, ademais, parécelle raro que os compradores non pasasen polo concello para facerse co compromiso de que vaia haber unha modificación urbanística.
E pídenlle á Xunta que exerza o dereito de retracto que se pode aplicar a bens protexidos e que se comprometa a non face cambio de uso.
Unha medida que tamén demandan os socialistas, que tamén presentaron no Parlamento Galego unha proposición non de lei, que será debatida a semana que vén.











