Os veciños de Meis urxen a reparación de varias vías en Santo Tomé

    ponte_cacharola_meis100.jpgMEIS > Un dos puntos afectados no concello de Meis é a Ponte da Cacharola. Os veciños tamén denuncian o corte na estrada …

    … provincial de Nogueira, pola ampliación dunha das pontes da autovía do Salnés.

    A estrada, coñecida como a Lagoa ou Ponte da Cacharola, no Concello de Meis, leva case dous anos afectada polas obras da autovía do Salnés. Os problemas para os veciños comezaron, sobre todo, tralas inundacións do outono de 2006, que obrigaron a cortar o tráfico por esta vía. Nese tempo, a UTE da autovía do Salnés aproveitou para ampliar esta ponte pero o que non arranxou foi o firme da estrada, que en días de moita choiva é unha auténtica lameira, complicando incluso o tránsito a pé.

    Ademais outra das pontes da autovía deixou case inutilizado o acceso ás fincas no lugar do Pazo. Os veciños de Santo Tomé de Nogueira teñen outro problema engadido por mor das obras da autovía. Desde xaneiro teñen cortada a estrada que os comunica co Empalme, no Pazo, e principal saída cara Pontevedra, Vilagarcía ou a autoestrada AP-9.

    Redacción Salnés