![]()
A ILLA > A Escola de Navegación Tradicional ven de denunciar un ataque a catro das súas dornas. Os feitos aconteceron na amencida…
… do sábado para o domingo neste lugar do Bao, na entrada da Illa de Arousa, onde os socios desta organización teñen depositadas ás súas dornas. Os danos ocasionados ascenden a pouco máis de 2.000 euros no económico pero son dunha grande envergadura moral para os propietarios que quedaron conmocionados tralo acontecido.
Estas dornas presentan varias fendeduras feitas cunha machada e cun martelo; que, a pesares de seren pequenas, foron realizadas en sitios estratéxicos e con ensañamento; polo que desde a asociación pensan que o agresor, do que nin sequera sospeitan a identidade, sabía o que facía. Pero esta non é a primeira vez que este club é víctima dun atentado contra a súa propiedade, tal e como explicou Uxío Anllo, presidente da Asociación.
Logo deste feito, os afectados volven a reclamar ás autoridades competentes que se lles fagan unhas instalacións en condicións para evitar este tipo de vandalismo e facilitar así o desenvolvemento da súa actividade. Esta agresión á ACD Dorna prodúcese a pouco menos dun mes do inicio das competicións, polo que agora os carpinteiros de ribeira deberán apurar a reparación para que cheguen a tempo para as citas deportivas fixadas.
Redacción Salnés









