O BNG esixe ó Ministerio de Industria a axilización do plan de gasificación

    gasbng_100_290408.jpgBARBANZA > O BNG impulsará unha iniciativa nos concellos da comarca para instar ó Ministerio de Industria a axilizar a cuarta fase do Plan de Gasificación.

    {flowplayer}barbanza/gasbng.flv{/flowplayer}

    O pasado mes de xuño de 2008, a Consellería de Innovación e Industria asinaba un convenio de colaboración coa compañía Gas Galicia para o desenvolvemento da cuarta fase do plan de gasificación da comunidade.

    Este proxecto permitiría a chegada do subministro de gas natural a un total de 25 concellos, entre eles os catro que conforman a comarca do Barbanza.

    Retribucións específicas

    Transcorrido xa preto dun ano dende a sinatura deste acordo, as actuacións permanecen paralizadas á espera de que o Ministerio de Industria estableza a retribución específica para a empresa concesionaria dos proxectos, que poden ascender a un máximo de 18 millóns de euros.

    Co fin de axilizar ó máximo a chegada da rede de gas natural ós concellos de Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo, os concelleiros nacionalistas nas distintas corporacións presentarán unha iniciativa instando ó Ministerio de Industria a impulsar o proceso administrativo para a aprobación das retribucións precisas.

    Redacción Barbanza