Os escolares do Barbanza participarán no Correlingua 2008

    correlingua_100_290408.jpgBARBANZA > Unha vintena de centros educativos  veñen de crear unha coordinadora de equipos de Normalización Lingüística.

    {flowplayer}barbanza/correlingua.flv{/flowplayer}

    Este novo órgano traballará en prol da normalización da lingua galega é da creación dunha rede estable na comarca co fin de coordinar esforzos neste eido. Entre as accións que xa comenzaron a desenvolver destaca a posta en marcha, por primeira vez na comarca, da proposta lúdico-educativa Correlingua.

    Así, grazas aos esforzos desta coordinadora, o Correlingua 2008 chegará ata a comarca da Barbanza. O día sete de maio esta maratón da lingua que é ao tempo un acto público de reinvindicación da defensa do idioma galego, desenvolverase no concello de Ribeira. Está previsto que tomen parte nela máis de mil cincocentos rapaces pertencentes a todos os ciclos educativos dos colexios da comarca.

    Enquisas sociolingüísticas

    Dende a súa creación no mes de outubro, a coordinadora vén traballado, ademáis, na elaboración de enquisas sociolingüísticas comúns para obter datos fidedignos da situación do idioma galego no contorno dos centros e no seo das familias dos alumnos.

    A entidade está integrada polos IES Espiñeira, A Cachada, Praia Xardín e os colexios Santa María do Castro e Santa Baia de Boiro. Na Pobra, sumáronse os colexios Pilar Maestú, Salustiano Rei Eiras o Fernández Varela e a escola unitaria da Angustia. De Rianxo, o IES Felix Muriel, os colexios Castelao, Brea Segade e Diéguez de Asados e as unitarias deste municipio. Por último, únironse do concello de Ribeira os IES Coroso, Número Un e Leliadoura así como os colexios de Artes, Frións, Aguiño e Palmeira.

    Premio simbólico

    A coordinadora tamén ten a intención de crear un premio simbólico de actitude lingüística e na actualidade está mergullada na creación dun blog na Internet. Tal e como explicou Miguel Louzao, iniciativas non lles faltan e nelas seguirán traballando ao longo dos vindeiros meses.

    Redacción Barbanza