Historia, Música e Fitoterapia, temas da 7ª edición dos Seminarios da USC na Pobra

A POBRA> O concello da Pobra volverá colaborar coa Universidade de Santiago de Compostela converténdose en sede do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia. Esta iniciativa formativa, dirixida a maiores de 50 anos, abordará nesta edición temas relacionados coa historia, a música e a fitoterapia.

Nesta sétima edición, son tres os seminarios propostos pola USC para desenvolver na Pobra no marco do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia.

O primeiro dos seminarios, consistente nunha aproximación á Historia da Música Galega comezará o 5 de marzo, a cargo de María González Blanco e terá continuidade o día 7 cun obradoiro sobre instrumentos de percusión. O 8 e o 11 de marzo, Pilar Riveiro abordará a aplicación e usos das plantas medicinais en dúas sesións, teórica e práctica; mentres que o seminario sobre o sistema escolaar na Galicia rural pechará o ciclo os días 13 e 14 de marzo.

A matrícula é de balde e pode realizarse na casa da cultura da Pobra. Os seminarios están dirixidos a maiores de 50 anos que desexen ampliar a súa formación en distintas áreas culturais. As sesións teóricas impartiranse en horario de tarde no auditorio do Museo Valle-Inclán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí