Vilagarcía e O Grove reciben ós seus campións

remeras250_290408.jpgVILAGARCÍA > O Club de Remo Vilaxóan ven de acada-lo titulo nacional de bateis, en categoría promesa feminina. As rapazas, novas campionas de España, foron onte recibidas polas autoridades locais no Concello de Vilagarcía.

Vilagarcía recibíu como se merece ás rapazas que a pasada fin de semana proclamáronse Campionas de España de Bateis en Sestao, en categoría promesa.

A alcaldesa, Dolores Vilagarcía, e os representantes dos diferentes grupos políticos brindaron un recoñecemento digno dos grandes campións.

E é que estas xóvenes remeiras melloraron o resultado acadado o ano pasado, cando foron subcampionas, e esta vez impuxéronse con autoridade a embarcación vasca de Ondarroa, á que aventaxou en catro segundos, e ás de Astillero e Amegrove, foron terceiras e cuartas respectivamente, a máis de seis segundos. Onte afeccionados, familiares, remeiras e tódolos estamentos do Club de Remo Vilaxoán, rebosaban ledicia. 

Sería inxusto esquencerse do batel xuvenil de Mecos, tripulado por Roberto, Veloso, Folgada, Nacho e Félix coma patrón, que tamén se proclamaron campións de España na súa categoría. Os grovenses non tiveron oposición e destrozaron ós seus rivais, deixando a máis de trece segundos ó batel de Castro Urdiales, que foi segundo, e máis lonxe aínda ó de Cabo de Cruz, que completou o podio.

Dous excelentes resultados que volven a poñer de manifesto a calidade do remo no Salnés e que fai unha chamada ós que mandan, para que axuden un pouquiño máis ós clubes que están a preparar esta magnífica canteira.

Redacción Salnés