Traballadores e dirección de Lantero reúnense á marxe do ERE

    VILAGARCÍA> Cita clave esta tarde no conflito de Lantero. Comité de empresa e dirección mantiveron esta tarde unha xuntanza en Santiago, encontro xestionado polos traballadores. A reunión produciuse antes de que a compañía presente o novo plan de viabilidade, unha das peticións feitas polos traballadores para retomar a negociación.

     

    Con 39 días de folga ás súas costas, dirección e traballadores de Lantero volven sentar. Esta mañá, a plantilla insistía na súa vontade de negociación. Iso si, fóra do ERE.

    Ata o campamento do Pousadoiro achegáronse o secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia, José Manuel Sánchez, e o secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía do sindicato, Ramiro Otero. Ambos escenificaron o seu apoio á loita da plantilla.

    Parte das críticas concentráronse na actual dirección da planta de Lantero en Vilagarcía, aos que acusan de estar ignorando a parte social do conflito.

    López, Otero e Sánchez insistiron en que o grupo ao que pertence Lantero ten superávit nas súas contas, por iso reclamaron que contribúa a pór fin á crise que está a atravesar a planta vilagarciá e evitar os recortes nos dereitos dos seus traballadores.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/20/ccoo_lantero.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/20/ccoo_lantero.mp4{/flowplayer}