O Concello de Poio recibe ás súas campionas de fútbol sala

futbolfemenino250_290508.jpgPOIO > O Concello de Poio fixo onte unha recepción especial ás xogadoras do Ateneo Combarro Futbol Sala, equipo que ven de acadar o seu ascenso á División de Prata, segunda categoría a nivel nacional.

O Concello de Poio fixo onte unha recepción especial ás xogadoras do Ateneo Combarro Futbol Sala, equipo que ven de acadar o seu ascenso á División de Prata, a segunda categoría a nivel nacional.

No acto estiveron presentes o alcalde Luciano Sobral e mailo concelleiro de deportes, Miguel Anxo Pazos Barros. Ambos recibiron de mans do Presidente do club dúas camisetas do equipo. Dende o Concello quíxeronse facer distintos obsequios tanto ás xogadoras como o equipo directivo, que recibiron unha réplica en bronce da casa consistorial.

No estrictamente deportivo, as rapazas do Concello de Poio – Promociones Collazo, así é o nome do equipo, descansan despois de ter ascendido e gañado a Copa Xunta o pasado sábado en Arzúa.

Agora tocará preprarar a vindeira temporada que seguro será moi dura no deportivo, no económico, e tamén para o corpo, xa que terán que desplazarse a xogar por toda España e incluso Canarias.

Redacción Salnés