A Deputación de Pontevedra presenta as V Xornadas de Urbanismo

    urbanismo_dep_100.jpgPONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra presentou hoxe as V Xornadas de Urbanismo que van a ter lugar na cidade do Lérez…

    …os vindeiros días 7 e 8 de maio.Un foro de debate e propostas nas que se abordará a situación actual do urbanismo en Galicia desde a óptica local. Esta iniciativa, que rexurde no organismo provincial desde os anos 1986, xa conta con 52 interesados anotados; que poderán asistir ás explicacións de numerosos entendidos na materia.

    Nesta presentación, tamén se fixo un balance dos catro meses de funcionamento da Oficina de Urbanismo provincial, que ven a informar e atender as necesidades urbanísticas dos concellos, e a ser unha asesoría xurídico-técnica para os pequenos e medianos concellos; que non contan co persoal nin os medios axeitados.

    Unha oficina que adquire unha importancia crucial dada a coxuntura actual nesta provincia; na que non existe ningún concello que conte co seu planeamento adaptado á vixente lei 9/2002. En consecuencia, á maioría das consultas que se remite a esta oficina xiran en torno á problemática de que normativa aplicar en cada caso particular. A este respecto, o presidente do ente provincial salientou que entre os interesados figuran por igual representantes de concellos de toda a provincia, independentemente da súa cor política.

    Redacción Salnés