O PP critica a xestión sanitaria da Xunta de Galicia na comarca do Salnés

    sanidade_-_pp_100.jpgVILAGARCÍA > O Partido Popular ofreceu hoxe en Vilagarcía unha rolda de prensa para abordar a situación sanitaria que se está a vivir…

    … nos centros hospitalarios e de atención primaria da comarca do Salnés. Nesta exposición estiveron presentes os voceiros no parlamento, Miguel Santalices e Marta Rodríguez, ademais do presidente do PP local, Tomás Fole. Hemeroteca en man, os populares fixeron un repaso ós atrasos constantes que experimentaron as obras de remodelación do Hospital do Salnés; así como os problemas de ausencias de cardiólogos, incremento de listas de espera para citas previas, operacións e consultas externas.

    Ademais, os membros do PP presentaron publicamente unha moción sobre a extensión dun sistema de Sintrom a tódolos centros hospitalarios e de saúde da comarca; cun novo aparello similar á do control e da aplicación da menciña da diabete.

    Unha cuestión que xa foi debatida no Parlamento Galego e que non saíu adiante, malia que os populares defenden que podería ser unha iniciativa relativamente asequible e que aportarían moitas vantaxes para todas aquelas persoas que padecen sistemas de anticoagulación da sangue, das que xa existen 700 afectados só en Vilagarcía.

    Máis polo miúdo, os populares fixeron un repaso ó que está sendo a política sanitaria do bipartito nos tres últimos anos de goberno, no que adiantaron varios datos cuantitativos sobre o número de doentes á espera de probas, operacións ou consultas. Uns datos, que segundo os populares deberan servir para que a actual titular da Consellería de Sanidade reflexionase, e consecuentemente, presentase a súa dimisión.

    Redacción Salnés