O executivo ribeirense segue a avanzar cara o saneamento integral do municipio

RIBEIRA> Unha das últimas actuacións licitadas permitirá a eliminación dun punto de vertido de augas residuais na praia dos Mosqueiros, en Castiñeiras.

A actuación consistente na instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar dos Mosqueiros, en Castiñeiras ascende a preto dos 44 mil euros. A finalidade das obras non é outra que conseguir eliminar varias zonas de vertidos de augas residuais que van directamente á praia, ó carecer actualmente deste servizo. A actuación, que será realizada pola empresa Nemesio Ordóñez, conta cun prazo de execución de tres meses.

O alcalde referiuse tamén á recente licitación de dúas importantes melloras na EDAR de Couso que permitirán darlle solución dunha vez ós problemas de vertidos e malos olores da instalación tantas veces denunciados polos veciños afectados.