Uns trescentos corredores tomarán parte este domingo no Xtosín Trail

PORTO DO SON> Este próximo domingo, 15 de marzo, disputarase o Xtosín Trail,  a terceira das probas incluídas no circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series 2020. As inscricións na carreira, que organiza a asociación Arousa NeO, estarán abertas ata este mércores, a través da web: www.arousa.com.

Esta mañá presentábase a terceira edición do Xtosín Trail, a terceira das probas incluídas no circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series 2020 que organiza a asociación Arousa NeO. A cita terá lugar este próximo domingo 15 de marzo.

A distancia da proba mantense practicamente como a do ano pasado, catorce quilómetros e medio, con apenas cambios na maior parte do percorrido.

As inscricións poderán formalizarse a través da web: www.arousa.com ata o próximo mércores 11 de marzo. As probas que restan do circuito Arousa-Revolutrion Trail Series 2020 serán San Lois, en Noia, o 19 de abril e o Ultratrail do Barbanza, de 42 km., que se disputará en Ribeira o 10 de maio.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí