Os motoristas apostan por medidas máis duras para presionar a Política Territorial

    concentracionpadron_100_05050.jpgPADRÓN > Esta vez foi Padrón o concello elixido polos motoristas do Barbanza para manifestarse en contra da política de seguridade vial da Xunta de Galicia. 

    {flowplayer}barbanza/concentracionpadron.flv{/flowplayer}

    Preto de cincocentas persoas concentráronse este sábado no Campo de Souto esixindo á Consellería de Política Territorial a colocación de gardarraís de dobre bionda na futura autovía do Barbanza e en tódalas estradas autonómicas de nova creación.

    Arredor das cinco da tarde do sábado déronse cita motoristas de toda a comarca do Barbanza e mesmo doutras zonas de Galicia para protestar pola colocación de gardarraís tradicionais no novo trazado da autovía.

    Cuarta concentración

    Trátase xa da cuarta concentración convocada por este colectivo nas últimas semanas, despois das organizadas en Ribeira, Rianxo e Boiro. Nesta ocasión, os participantes realizaron unha manifestación silenciosa polas inmediacións do concello. A continuación realizaron a lectura dun manifesto reclamando elementos viais máis seguros para un dos colectivos máis vulnerables nas estradas.

    Novas medidas

    Ademais, os moteros anunciaron novas medidas de presión. Atrás quedarán estas manifestacións para dar paso a accións de protesta que teñan unha maior repercusión como o colapso de tráfico na autovía co desprazamento diario de miles de moteros ou o peche temporal do comercio local en determinadas franxas horarias.

    E é que os moteros non están sós na súa loita contra os gardarraís que denominan ‘asasinos’. E así llo queren transmitir á Conselleira de Política Territorial para que, dunha vez por todas, atenda as súas peticións e cumpra os compromisos adquiridos cando se adxudicou o proxecto da autovía do Barbanza.

    Redacción Barbanza