Noia acomete melloras na rede de saneamento por valor de cento cincuenta mil euros

    NOIA> O concello de Noia segue a avanzar na mellora da rede de saneamento. Na actualidade está a desenvolver unha serie de actuacións para eliminar diversos puntos de vertido. O investimento ascende a cento cincuenta mil euros.

    Nas últimas semanas, o concello de Noia executou a reparación dos coletores de saneamento na zona do Obre. Paralelamente estase a implantar a nova nas zonas de Becollo, a Toxeira e Rasa.

    Este investimento vense sumar á partida de douscentos corenta mil euros do POS que se destinará a melloras en saneamento. Conscientes ademais da necesidade de ampliar a capacidade e facer máis efectivo o funcionamento da depuradora, o concello realizou as xestións ante Augas de Galicia para incluír a Noia no plan Interreg para realizar unha diagnose xeral do estado da rede.

    Unha vez finalice o estudo, o concello centrará o esforzo inversor nas principais necesidades para acadar o saneamento integral.