Política Territorial e veciños achegan posturas sobre o novo aceso ó porto do Xufre

    A ILLA  > A construción do novo aceso ó porto do Xufre, en A Illa, parece estar máis próxima logo da rolda de visitas que iniciou onte a delegada da Consellería …

    … de Política Territorial na zona de Cabodeiro, onde van ser expropiadas unha casa e un bar, A Chabola, segundo o proxecto que manexa agora o departamento autonómico. Maria Isabel Domínguez explicoulles ós veciños que esta é opción que vai afectar a menos propiedades.

    Porén os veciños seguen a condicionaron a retirada do contencioso administrativo que teñen agora nos xulgados, á valoración que fagan os técnicos da delegación sobre a vivenda e o establecemento afectados. O proxecto da estrada que comunicará a ponte de A Illa de Arousa co porto do Xufre xa está cada vez máis cerca de poder iniciarse para a delgada de Política Territorial. Porén, os propietarios da casa e o bar que serán expropiados seguían sen entender o motivo polo que o proxecto non contempla a posibilidade de construír a estrada cara o borde do mar, respectando as súas propiedades. Os afectados esgrimiron no seu favor a existencia doutros casos no concello nos que si se invadiu espazo do mar para non derribar vivendas.

    Xunta á delegada de Política Territorial, estiveron esta mañá en A Illa os técnicos da Consellería, que estaquillaron as propiedades, para proceder á valoración da súa afección. Esta é a segunda vez que se fai este trámite, xa que no proxecto inicial que manexaba a Consellería, e que tivo que ser modificado logo de que Costas do Estado pedise que se desafectase o dominio público, o bar e a casa non ían a ser expropiados.

    Redacción Salnés