VILAGARCIA> O presidente do liceo casino de Vilagarcía emprenderá accións legais contra o alcalde Alberto Varela. Borja Santamaría acusa ao rexedor vilagarcián de vulnerar a lei de protección de datos amosando acordos privados sen o seu consentimento. Tamén advirte da existencia de documentos e actas que nunha tiveron lugar.
A polémica polo traslado de Arousa Moza do edificio do liceo casino vai chegar ata os tribunais. O presidente da asociación, Borja Santamaría, e presidente tamén do liceo casino, acusa ao alcalde de Vilagarcía de diferentes malas prácticas. A primeira delas, ten que ver cunhas reunións, feitas ás súas costas, entre o alcalde e un dos membros do liceo casino sen cargo representativo. Segundo indica Borja Santamaría, estas reunións estaban encamiñadas a que a asociación do liceo casino se trasladase a outra localización e votase das instalacións a Arousa Moza. Nela, explica, que o alcalde amosou acordos privados ao membro da asociación sen o seu permiso.
Ademais de documentos privados, Borja Santamaría tamén advirte que nestas reunións se mostraron acordos e actas que nunca tiveron lugar.
Borja Santamaría acusa ao alcalde de comportarse como un mafioso e levará estas cuestión aos tribunais.
Borja Santamaría anunciou a súa dimisión como presidente do Liceo Casino. Renuncia que se fará efectiva na vindeira asemblea extraordinaria do 15 de setembro. Si continuará liderando Arousa Moza. Asociación que presentou un recurso contra o seu traslado da instalación actual por non presentala o concello mediante os procedementos correctos.