As flores e os bombóns son os agasallos máis demandados por San Valentín

VILAGARCIA> San Valentín está a volta da esquina, e os negocios xa teñen preparados os seus produtos para os agasallos dos namorados. Pastelerías e florerías afrontan con ilusión estas datas onde aumentan considerablemente as súas vendas. Os comercios afrontan a campaña con menos optimismo, advirten que a chegada da covid fixo que moitas parellas opten por viaxes en lugar de agasallos.

A chegada de San Valentín xa se nota nos comercios da nosa contorna. Os corazóns e o color vermello predomina na maioría de establecementos. Nestas datas, as pastelerías e as florerías son as favoritas para os agasallos dos namorados.

Os establecementos responden a esta demanda con produtos personalizados a petición dos clientes.

A situación contrasta co resto de comercios. Dende a asociación de comerciantes sinalan como as vendas foron caendo nos últimos anos, especialmente pola chegada da covid.

As viaxes, as saídas de fin de semana ou as estancias nos balnearios aumentaron como agasallos de San Valentín nos últimos anos. Dentro do sector comercial predominan a roupa e as xoias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí