Residentes na urbanización Manuel Escurís esixen o arranxo da praza pública

    prazaescurispobra_100_080508.jpgPOBRA > Os residentes no edificio Manuel Escurís esixen ao concello que adopte medidas para frear o deterioro da praza pública da urbanización.

    {flowplayer}barbanza/prazaescurispobra.flv{/flowplayer}

    A urbanización Manuel Escurís situada no casco urbano da Pobra leva anos en estado de abandono segundo denuncian os seus residentes. O concello non se fai cargo dos arranxos que o paso do tempo esta a deixar na praza, a pesar de ser de titularidade publica.

    Filtracións e suciedade

    As continuas flitracións de auga a traves das lousas estragadas da praza estan afectando gravemente ao aparcadoiro do edificio que se atopa debaixo, danando os vehículos dos residentes. Ademáis os veciños están fartos de aturar ruidos e a suciedade por mor dos continuos botellóns das noites da fin de semana nos baixos do edificio.

    A comunidade de vecinos xa acudiu en varias ocasions ata o concello para requerir ao alcalde que se defina sobre a titulariedade da praza do edificio e deixe de dar largas para non ter que asumir a sua responsabilidade.

    Moción do PSOE

    Facéndose eco das protestas vecinais, a agrupación local do partido socialista presentará unha moción para instar ao goberno local a atender as demandas dos veciños. Con esta moción a agrupación socialista quere conseguir que dunha vez por todas o executivo local se defina públicamente no tocante a situación legal da praza.

    Redacción Barbanza