Empregadas de Conservas Perez Lafuente maniféstanse en Vilagarcía

    dv766_-_perez_lafuente_100.jpgVILAGARCÍA > Por culpa do xerente está así a xente é unha das máximas que se berraron esta tarde en Vilagarcía, diante do domicilio do xerente da…

    … empresa Conservas Perez Lafuente. Logo de doce días de mobilizacións diante da sede da empresa e do Concello de Vilanova, as traballadoras fixas descontinuas decidiron mudar de sitio para seguir denunciando a mesma situación que padecen desde fai anos; levan varios anos traballando para a empresa pero moi poucos días cotizados: no que vai de ano só traballaron vinte días.

    Das trinta e cinco traballadoras que conforman o plantel desta empresa, vintesete delas están nesta situación de fixas descontinuas; que arestora se lles fai insostible. Razón pola cal xa lle ofreceron ó xerente varias solucións sobre a mesa sobre as que aínda non obtiveron resposta. As traballadoras cren que esta situación se debe unicamente ó desgoberno desta empresa, que traballa baixo pedido e sen stock, en base a un prantexamento de mantemento e non de expansión no mercado.

    Estas empregadas denuncian tamén que é imposible chegar a un acordo ca empresa, posto que non hai comunicación entre as partes desde fai case dúas semanas.

    Redacción Salnés