VILAGARCÍA> 5 alumnos do instituto Cotarelo Valledor de Vilagarcía gañan o certame cooperativismo no ensino 2019. O seu traballo céntrase nunha tenda de venda de produtos culturais como libros ou videoxogos. A contía do premio ascende aos 2500 euros.
Adrián Azañedo, Adrián Celada, José Manuel García, Marcos César e Antía Sumay son os 5 alumnos do instituto Armando Cotarelo Valledor que gañaron o certame cooperativismo no ensino 2019. O fixeron co traballo “Contacómic, a cómic Con do Cotarelo”.
Cada un encargouse da súa tarefa pero, como unha boa cooperativa, colaboraron todos xuntos.
A idea xurdiu dun traballo do instituto. Comezaron facendo un proxecto de negocio e logo quixeron levalo á práctica. Para elo a coordinadora do proxecto, Alicia Rodríguez, cambiou a metodoloxía das clases para facelas máis participativas, o que favoreceu a implicación dos alumnos.
A Secretaria Xeral de Emprego sinalou a importancia deste certame en fomentar a creación de negocios cooperativos. Covadonga Toca achegouse ao instituto para entregar o premio aos alumnos, valorado en 2500 euros, e resaltou a innovación do proxecto.
A profesora, Alicia Rodríguez, destacou a importancia do premio como un punto máis de motivación para que os alumnos e os seus compañeiros vexan que os proxectos poden saír adiante.