Continúa a busca do autor do atropelo mortal en Vilagarcía

    avenida_marina_vilagarcia_100.jpgVILAGARCÍA > A policía segue a buscar ó condutor que o domingo atropelou a un mozo e fuxiu do lugar do sinistro. A vítima, de 23 anos, faleceu onte pola noite no Hospital …

    … Xeral Cíes, onde fora traslado, logo de que un coche o levase por diante cando estaba a cruzar un paso de peóns na rúa da Avenida da Marina.

    Un espello retrovisor aparecido no lugar do atropelo, e as declaracións de varias testemuñas do suceso, son agora as principais pistas que manexa a policía para dar co condutor do turismo. Polo de agora, aínda se descoñece a marca do vehículo, que segundo parece é de cor escura, e circulaba a elevada velocidade. Policía Autonómica e Local están a traballar de xeito conxunto na identificación do turismo e do seu condutor.

    O atropelo produciuse na madrugada do domingo, na zona de copas vilagarciá da Avenida da Marina. Manuel Abalo, veciño de Guillán, saía dun dos locais de copas e cruzaba o paso de peóns con outros amigos, que puideron esquivar o turismo, que segundo as testemuñas non se parou logo do atropelo, e fuxiu en dirección Carril. O mozo, que inicialmente fora ingresado no Hospital do Salnés, morreu apiques quince horas despois do atropelo no Hospital Xeral Cíes de Vigo, onde fora trasladado pola gravidade das feridas.

    Pola zona, onde se concentran boa parte dos establecementos de ocio, veciños e hostaleiros quéixanse de que os coches adoitan circular a velocidades altas, a pesar de ser unha vía urbana moi transitada pola noite. Agora o concello de Vilagarcía estuda a posibilidade de instalar sistemas para reducir a velocidade na rúa, coma as bandas sonoras ou a elevación dos pasos de peóns.

    Redacción Salnés