Aparece o cadáver dun home flotando no río Umia, á altura de Caldas

    cadaver100.jpgCALDAS> Trátase dun home de 65 anos, residente no asilo, que saíu ás dez da mañá coa intención de dar un paseo. Nunca regresou ó centro.

    O corpo foi atopado, arredor das 5 da tarde, por uns veciños da zona que paseaban pola carballeira de Caldas. As testemuñas avistaron un vulto que parecía unha bolsa de plástico. Ó achegarse descubriron que se trataba dun cadáver.

    As monxas do asilo de Caldas acudiron ó lugar dos feitos e recoñeceron á vítima. Trátase dun home de 65 anos, veciño de Vila de Cruces. Segundo relataron as relixiosas, o home saíu do centro de maiores ás 10 da mañá, despois de almorzar e de acudir ó oficio relixioso. Non se presentou na hora do xantar pero pensaron que tería dor. Algo frecuente na vítima, que padecía unha grave enfermidade que lle provocaba fortes dolores. Algunhas testemuñas dos feitos recoñeceron á vítima. Un home maior que adoitaba pasear pola zona.

    Polo de agora descoñécense as causas da morte. As testemuñas alí presentes especulaban sobre as circunstancias do suceso e descartaron que puidera morrer afogado, nese punto do río, pola pouca profundidade da canle. Haberá que esperar á autopsia para saber exactamente as causas do falecemento.

    Ata o lugar dos feitos achegáronse varias unidades da policía local, a Garda Civil e Protección Civil. O forense practicou as dilixencias oportunas para preceder, a continuación, co levantamento do cadáver, arredor das seis e media da tarde. O corpo foi trasladado posteriormente ó instituto anatómico forense, onde se lle practicará a autopsia.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/030609_morto_en_caldas.flv{/flowplayer}