Falconetti asegura que cumpriu seis anos de cadea inxustamente

    fotofalconetticopia.jpgPONTEVEDRA> O histórico narcotraficante vilagarcián asegura non ter nada que ver co tráfico de drogas e nega o branqueo de capitais.

    {flowplayer}images/salnes/XuizoFalconeti231012.flv{/flowplayer}

    O Fiscal pide para Luís Falcón e a súa dona tres anos de prisión e unha multa de case dous millóns seiscentos mil euros. Esta sería a súa pena se se demostra que este matrimonio levou a cabo entre os anos setenta e os noventa un delito continuado de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico, en total dous millóns e medio de euros branqueados.

    Luís Falcón, máis coñecido como Falconetti, xa cumpriu unha condena por un delito contra a saúde pública cometido no ano 88. A sentencia foi ditada pola Audiencia de San Sebastián, que o condenou a 12 anos de cadea por formar parte dunha organización que introduciu en España case mil douscentos quilos de hachís. Pese a ter cumpridos seis anos de cadea. Neste novo proceso xudicial, Falconetti negou os feitos.

    Dixo que nunca tivo nada que ver coas drogas e que tódolos seus cartos procenden dos seus múltiples negocios. Construtoras e promotoras das que ó redor dun dez – quince por cento non se declaraba. E gran cantidade de cafeterías, chiringuitos na praia e restaurantes, algúns deles, como a Lúmina, que mesmo terían acollido no seu momento grandes comidas de partidos políticos. Iso por non falar dos negocios co xogo.

    Digna Oubiña, pola súa banda, limitouse a confirmar a versión do seu marido e asegurou que ela de papeis nada entendía, e que era o seu marido o que se encargaba disto mentres ela se dedicaba a levar os negocios de hostalería. Isto a pesares de que consta por exemplo como presidenta da Sociedade O Castriño.

    Despois dos dous acusados continuaron testificando o resto das testemuñas, entre eles o perito da defensa. A pesares de tratar de xustificar as contas de Falconetti, ante a pregunta de se poderían ter ingresado a través dos seus negocios os dous millón e medio de euros que se lles acusa de ter branqueado a resposta foi rotunda, no, non gañaron tantos cartos.

    Redacción Salnés