Barbanza Arousa propón en Fitur unha viaxe a través dos sabores

MADRID> A Mancomunidade Barbanza-Arousa está presente un ano máis en Fitur para dar a a coñecer a súa oferta turística. A Madrid a entidade levou unha proposta que pretende reforzar o seu posicionamento enogastronómico e, de paso, presentar a súa estratexia de experiencias de alto valor engadido.

Barbanza-Arousa acudiu un ano máis a Fitur para presentar a que será a súa oferta turística para o presente ano, coa que volve a poñer en valor a súa identidade gastronómica e vitivinícola como eixe estratéxico do seu posicionamiento turístico. Fíxoo ademais cunha presentación no stánd de Galicia no que tomaron parte o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, ademais dos catro alcaldes que integran a entidade.

Baixo o título ‘Barbanza Arousa, Viaxe a través da historia dos sabores’, a Mancomunidade segue a manter a súa aposta polo turismo enogastronómico e o turismo industrial, vinculados á tradición da salazón e a conserva, sen esquecer tampouco os viños de la IXP Terras do Barbanza e Iria.