O Hnos. Barbeito déixase empatar nos últimos minutos

futbolsala_140508.jpgPORTONOVO > O Hermanos Barbeito despedíuse por este ano da súa afección. Os portonoveses xogaban ante o Coruxo e tiveron a victoria no peto, pero escapouselles nos últimos minutos para acabar cedendo un empate.

Digno do xénero dramático ou mesmo da comedia. o que lle pasou este ano ó Barbeito semella moi difícil que lle volva a suceder a algún conxunto algunha vez. Unha mistura entre mala sorte, moi mala sorte, e non saber sentenciar-los partidos.

Desta volta o rival foi o Coruxo, o último que visitaba Baltar, na 33ª xornada de liga, penúltima antes do peche que os portonoveses porán ante A Mariña a próxima semana.

No encontro desta última xornada os locais comezaron como o soen facer, dominando e impoñendo un ritmo alto de ritmo de balón e exixencia física. Aínda así serían os visitantes os que se adiantasen no marcador, unha ledicia que duroulles a penas uns segundos xa que Fisgas puxo en empate co que se chegaría ó descanso. (1-1)

Xa na primeira metade as mellores ocasións foran para os portonoveses, pero non concretraron; sí que o fixeron no inicio da segunda metade cando por mediación de Noé, por dúas veces, e Luís, poñían un xusto 4-2 .

De ahí ata o tramo final souberon manter ós vigueses a raia, sen concederlles ocasións de gol. A sentencia semellaba chegar a tres para o remate cando un gol en propia meta dos visitantes puxo o 5 -2. Pero nada máis lonxe da realidade.

Os visitantes fixeron o que tiñan que facer, sacar porteiro-xogador e intenta-lo por tódolos xeitos posibles, e o acadaron. Dous goles case consecutivos e un a falta de 27 segundos para o final puxeron o 5-5 co que se chegou ó remate. Resultado decepcionante polo visto na cancha durante os 40 minutos.

O Barbeito xa sabe que será equipo de Nacional B o vindeiro ano, tras tres temporadas en Nacional A. Agora buscarán os tres puntos na derradeira xornada ante A Mariña para tentar ascender un posto na clasificación xeral, a costa do Benavente.

Redacción Salnés