A Mancomunidade quere encher O Salnés de códigos QR con información turística

SALNES> A Mancomunidade do Salnés quere enche-la comarca de códigos QR para promociona-lo turismo. A idea da entidade comarcal é insertar esa información aproveitando outros sinais xa instalados nos distintos concellos. Avanzárono hoxe na presentación dos novos mapas turísicos da bisbarra, que xa inclúen esa nova tecnoloxía.

As novas tecnoloxías son unha ferramenta clave para o fomento do turismo. A Mancomunidade do Salnés quere botar man delas para potenciar que aquel que nos visite obteña toda a información que desexa. Por iso, o ente comarcal está a traballar nun proxecto de implantación de códigos QR en centos de espazos públicos dos distintos concellos da comarca, aproveitando sinais xa instalados.

Na Mancomunidade queren poñer en marcha o proxecto ao longo deste ano. Avanzáronno na presentación destes renovados paneis con información turística, que xa dispoñen dos códigos QR con toda a información da comarca a disposición do visitante.

Os paneis inclúen tamén códigos QR específicos da Ruta do Pai Sarmiento e a Variante Espiritural. Uns itinerarios, por certo, que -in situ- contan tamén con este tipo de ferramentas.

A Mancomunidade do Salnés vén empregando códigos QR xa dende o ano 2012.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí