A comparecencia de Jhull Principe deberá agardar ao non recibir a alta médica

RIBEIRA> Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informaban esta mañá de que o presunto autor do crime de Andrea Yturry pasaría ó longo do día de hoxe a disposición xudicial nos xulgados de Ribeira, tras recibir a alta médica no Clínico de Santiago.

Pero finalmente non foi así. Parece ser que os servizos médicos cambiaron de opinión, argumentando posteriormente que Jhull Principe aínda non estaba en condicións de comparecer ante o xuíz.

Dende o pasado martes permanece ingresado no Clínico, recuperándose das feridas que el mesmo se causou despois de acabar presuntamente coa vida de Andrea.

Polo de agora descoñécese cando será posto a disposición xudicial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí