Caride afirma que o proxecto modificado da PO-531 reduce as afectacións

    caride_pontevedra100_160508.jpgPONTEVEDRA > A Conselleira de Política Territorial adiantou hoxe que reducirán substancialmente as afectacións do proxecto de mellora da PO-531

    … entre Curro e Pontevedra. Caride estivo hoxe en Pontevedra onde, ademais de adiantar outros proxectos, asinou un convenio co Concello para financiar a Ponte das Correntes.

    Os veciños afectados polo proxecto da Po-531 coñecerán en breve as modificacións feitas pola Consellería de Política Territorial, unha vez analizadas as súas alegacións. Así o indicou hoxe en Pontevedra, María José Caride, ó tempo que adiantaba que se reducen substancialmente as afectacións. A conselleira recoñeceu que levan multitude de reunións con veciños afectados polos diversos proxectos de seguridade viaria postos en marcha polo seu departamento. Caride entente que os proxectos se poden corrixir pero pide a propietarios e alcaldes que non esquezan o fin primordial destas actuacións.

    María José Caride visitou hoxe Pontevedra para asinar co Concello o convenio para financiar a ponte das Correntes, que se construirá entre as pontes da Barca e do Burgo. Esta actuación permitirá mellorar a mobilidade na área máis urbana da cidade, descargando de tráfico rodado a esas dúas pontes, ademais do nó da autoestrada AP-9. Caride mantivo unha breve entrevista co alcalde na que lle adiantou outros proxectos que se porán en marcha nos vindeiros meses, como o primeiro tramo da variante de Marín, a variante leste e o novo acceso a Montecelo, ou a conexión da futura circunvalación coa autovía do Salnés, a través do novo enlace de Curro.

    Redacción Salnés