![]()
CATOIRA > A corporación municipal ó completo de Catoira, reuniuse onte pola noite cos representantes sindicais e o comité de empresa de Cedonosa, para analizar os …
… seguintes pasos que van a tomar no intento de que a planta de cerámicas retome canto antes a súa actividade. Unha actividade que se paralizou no momento no que Endesa lle cortou o subministro eléctrico á fábrica, polo impago desta.
Tanto políticos coma os representantes dos traballadores cren na viabilidade da empresa, agora sumida nun proceso de suspensión de pagos, e cos mesmos traballadores cos que conta agora, 85. Deste xeito van iniciar unha rolda de entrevistas que esperan manter cos directivos da firma e tamén cos Conselleiros de Traballo e Industria, e se é preciso co propio Presidente da Xunta.
Ademais tamén van controlar os pasos que dea Cedonosa respecto o expediente de regulación de emprego proposto polo seu Consello de Administración, e no que se inclúen 26 despedimentos e o paso de 11 traballadores fixos a descontinuos.
As mobilizacións tamén seguen no calendario do Concello, BNG e PP, así coma dos sindicatos, que van seguir actuando de xeito conxunto na súa loita porque Cedonosa retome a produción, e polo tanto subministro de enerxía, e porque a Xunta non acepte a extincións dos contratos.
Redacción Salnés








