O PSOE critica a nula previsión do executivo no plan do obras

    psoeplanobrasribeira.jpgRIBEIRA > A rúa Ramón y Cajal leva en obras dende o mes de maio o que causa prexuicios a veciños e comerciantes.

    O PSOE de Ribeira demanda ó executivo local unha mellor planificación das obras que se acometen no concello coa fin de minimizar as molestias derivasdas dos traballos. Refírense concretamente ás melloras que se están a desenvolver na rúa Ramón y Cajal, que leva en obras dende o mes de maio.

    Esta céntrica rúa, obxecto dunha mellora integral, permanece en obras dende o mes de maio. Segundo os socialistas, a actuación sufriu demoras debido á falla de planificación, posto que foi preciso realizar acometidas que non estaban previstas e para a que non se dispoñía de material.

    {flowplayer}barbanza/psoeplanobrasribeira.flv{/flowplayer}

    Estes retrasos non só incrementan as molestias dos veciños e viandantes que a diarío transita pola zona senón que están a supoñer un importante prexuízo para os negocios emprazados nesta rúa.

    Para que non se repitan casos similares, os socialistas demandan ó goberno que elabore un plan de obras que permita planificar as actuacións de xeito que supoñan o menor impacto para os afectados e que se executen coa maior axilidade.

    Redacción Barbanza