Comeza a VI edición da “Escola obradoiro” en Vilagarcía

    membrives100_160508.jpgVILAGARCÍA > O alumnos que opten ós cursos poderán elixir entre as  especialidades de albanelería, carpintería, electricidade e este ano como novidade …

    …como novidade formativa Fontanería solar térmica. Profesións con futuro dirixida a mozos de entre 18 e 25 anos sen currículo profesional. As solicitudes xa están dispoñibles na oficina de emprego do concello.

    Corenta  prazas son as que este ano volve a ofertar o concello de Vilagarcía para todos aqueles mozos con idades comprendidas entre os 18 e 25 anos sen especialización profesional e sen estudos acreditados. Unha posibilidade de lograr unha profesión con tódalas garantías.

    Os cursos son de 18 meses, con dúas etapas, unha formativas e outra práctica Albanelería, Carpintería, electricidade, e a novidade este ano o curso de Fontanería solar térmica, un oficio que está a ter un auxe importante para o futuro Ó rematar o curso os alumnos son contratados en prácticas polo concello. A inserción laboral destas profesión na comarca do Salnés a pesares da crise que está a atravesar o sector da construción en España.

    A edición da escola obradoiro do ano pasado conseguiu colocar no mercado laboral á meirande parte dos seus alumnos. As solicitudes xa están a disposición dos aspirantes que queiran realizar estes cursos na oficina de emprego do concello de Vilagarcía.

    Redacción Salnés