Gran acollida ó Mercado Municipal de Vilalonga

    mercadillo_municipal_copia100.jpgSANXENXO> O Mercadillo Municipal de Vilalonga arrancou hoxe, con sesenta postos de venta ambulante de prendas de vestir, alimentación e decoración.

    {flowplayer}images/salnes/MERCADILLO_MUNICIPAL.flv{/flowplayer} 

    O Mercadillo sitúase na estrada que conduce á Igrexa e ó vial que leva ó novo campo de fútbol en O Revel. A iniciativa ten periodicidade semanal entre as nove e media da mañá e as dúas da tarde. Coa posta en marcha deste mercadillo, o Goberno local quere dar resposta ás inquedanzas dos veciños para reforzar o tecido comercial da zona.

     O novo mercadillo conta con 35 postos dedicados á venta de textil, 9 destinados a calzado e 8 a marroquinería. Tamén poderemos atropar unha churrería, un pulpeiro, unha prada de froitas e verduras, outra de empanada e bollería, embutidos e bacalao. Ademais de plantas e mobles. A xente está encantada co mercado e esperan que en inverno continúe con éxito.

    Con esta iniciativa, o Concello de Sanxenxo contará con 3 mercadillos ambulantes. Os outros dous celébranse tradicionalmente en Baltar. Alí son un total de 156 os puntos de venta da feira que desenvólvese de luns a xoves de 9 a 3 da tarde.

    Redacción Salnés