CAMBADOS> Localizado no porto de Tragove, en Cambados, o cadáver dunha muller duns 70 anos. Foi localizado a primeira hora desta mañá aboiando na auga. Todo apunta a que faleceu afogada. As forzas da orde traballan para esclare-lo acontecido. Non se descarta ningunha hipótese, mesmo que se puidera tratar dun suicidio.
O corpo aparecía nesta zona do porto de Tragove contra as 9 e media desta mañá. Varias persoas que paseaban polas inmediacións alertaron aos servizos de emerxencia. O cadáver corresponde co dunha muller duns 70 anos.
A muller non portaba documentación. Non foi ata media mañá cando se confirmou a súa identitade e que se trataba dunha veciña da vila. Todo apunta a que faleceu por afogamento.
As causas están a ser investigadas polas forzas da orde. Non se descarta nada, mesmo que puidera ter sido un suicidio. Tamén se analiza a posible vinculación do suceso coa aparición de varios efectos persoais e unha nota manuscrita, localizada na contorna da Casa do Mar.
No porto de Tragove montouse un dispositivo coa presenza da Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e tamén efectivos de Salvamento Marítimo.