Potenciar o turismo na empresa e nas escolas a través da tecnoloxía

    turismo100_220508.jpgO SALNÉS > Representantes da Mancomunidade do Salnés presentaron esta mañá as xornadas técnico profesionais de Turismo Activo

    … que se celebrarán o vindeiro 29 e 30 de Maio no Parador de Turismo de Cambados. Distintos especialistas do sector exporán as técnicas necesarias para montar unha empresa de turismo , tanto en materia de lexislación como de marketing. Aínda quedan 40 prazas dispoñibles e a asistencia é totalmente gratuíta.

    Unha oportunidade única para todos aqueles empresarios e interesados en coñece-los pormenores da posta en marcha dunha empresa vinculada o sector turístico en Galicia. Dirixidas especialmente a alumnos de escola de turismo e empresarios pero calquera pode acudir a estas xornadas. Aínda quedan 40 prazas e a inscrición e asistencia son totalmente gratuítas.

    O longo dos días 29 e 30 poñentes como Juan Példez, preseidente da asociación nacional de Turismo ou José María Nasarre que se ocupará da parte máis lexislativa achegarán ós asistentes toda a información e técnicas necesarias para poñer en marcha unha entidade privada de corte turístico. Unha programación que comezará cunha pequena introdución sobre a situación actual do turismo activo

    Os representantes da mancomunidade do Salnés adiantaron que a última das iniciativas implantarase en poucos días. A partires de agora tódalas oficinas de turismo terán integradas unhas pantallas polas cales achegáranse información turística da comarca mediante o sistema de navegación vía satélite .

    PROXECTO IMAXINATE O SALNÉS

     Continuando coas iniciativas que a mancomunidade do Salnés está a poñer en marcha no sector turístico de cara a campaña de verán, hoxe tamén presentaron o proxecto “imaxínate o Salnés” , un recurso lúdico – didáctico no que os escolares poden conxugar información turística e datos sobre os seu programa de estudos ó mesmo tempo que se divirten. Un por tal que se renova cada día

    Seguindo coa liña e aposta polas novas tecnoloxías. A mancomunidade do Salnés presentou esta mañá unha nova aplicación que ten como obxectivo potenciar a comarca do Salnés entre os escolares. Unha ferramenta que lles permite conectar e beneficiarse mediante un recurso turístico cultural

    Unha charla informativa a de hoxe dirixida a directores e mestres dos centros educativos da comarca coa fin de que participen neste proxecto que mellorará a calidade escolar dos alumnos .

     Redacción Salnés