O Consello de Administración do Porto aproba o paso do tren pola TIR

    javiergago100_220508.jpgVILAGARCÍA > O Consello de Administración do Porto deulle o visto bo ó trazado interior do tren cara Ferrazo. As vías atravesarán logo a TIR, …

    … unha opción, que segundo o presidente Javier Gago, non só é a máis viable económica e socialmente senón que tamén permitirá que a cidade gañe máis espazo.

    As vías do tren cara os peiraos do sur do Porto de Vilagarcía irán por diante da TIR. O consello de administración da Autoridade Portuaria aprobou, con só 3 votos en contra, a proposta realizada polo presidente Javier Gago. O trazado do tren cara Ferrazo irá polo Ramal, Rivero de Aguilar e zona TIR, e polo espazo que discorre ante a Capitanía Marítima e o parque de bombeiros.

    Durante máis de tres horas, o consello de administración analizou as alternativas recollidas no informe redactado pola empresa PETTRA. A opción aprobada é a única que non supón expropiación de vivendas e o seu impacto social limítase á afección do tráfico e ás actividades de ocio durante o paso dos convois. Ademais, esta suporá 5,3 millóns fronte ós máis de 140 millóns das outras dúas alternativas. Gago indicou que unha vez se decida o deseño definitivo do trazado interior consultará co Concello a reordenación dos novos espazos que gaña a cidade.

    Javier Gago quixo ser prudente á hora de falar de prazos. Indicou que primeiro hai que resolver se as mercadorías dos portos tamén van ir polo Eixo Atlántico de Alta Velocidade. Si se sabe este ano, estima que despois do verán se podería licitar o proxecto e comezar as obras antes de que remate o ano.

    Redacción Salnés