CALDAS> Hai preacordo en Clesa. Os traballadores aceptaron hoxe en asemblea a nova proposta da dirección da empresa de amplia-la xornada de luns a sábado. A medida pasa de ser indefinida a ter agora unha duración de dous anos. Tamén se amplía o complemento por dispoñibilidade en días festivos de 45 a 60 euros. CCOO e UXT asinaron onte á noite o preacordo, pero a CIG, a quen non lle acaban de gusta-las medidas, dediciu agardar a ratificalo hoxe ao mediodía. Na central nacionalista confirman que desconvocan a folga prevista para o día dous.
O acordo fraguouse onte á noite, xa case de madrugada. A dirección de Clesa puxo sobre a mesa unha serie de moficiacións respecto á primeira proposta de ampliación da xornada de luns a sábado. CCOO e UXT asinaron xa onte ao preacordo, pero a CIG decidiu agardar a que fosen os traballadores os que o ratificasen hoxe en asemblea.
Entre as novidades, a medida pasa de ser indefinida a ter agora unha duración de dous anos. Tamén se amplía o complemento por dispoñibilidade en días festivos de 45 a 60 euros.
A CIG acepta a proposta, ao ser apoiada pola maioría do cadro de persoal. Con todo, considéraa insuficiente. A central nacionalista xa anunciou que a folga prevista para o día dous queda desconvocada.